Monday 13 de May de 2024

O goberno municipal organiza accións de cara ao 25N


As edís Antía Alberte, Veva Betanzos e Cruz Ruvadulla mantiveron unha reunión con distintas asociacións de Ribeira para organizar actos e coordinar accións de cara ao 25N no Concello.

O propósito desta reunión foi o de discutir e coordinar esforzos conxuntos para organizar actos conmemorativos e de concienciación en relación ao 25 de novembro.

O Concello de Ribeira recoñece a importancia de concienciar á sociedade sobre a violenciade xénero e traballar en conxunto con organizacións comprometidas nesta causa. A colaboración entre o Concello e as organizacións da sociedade civil é fundamental para abordar este grave problema que afecta ás nosas comunidades. Ao encontro, o segundo celebrado con este propósito, acudiron organizacións como Cruz Vermella, Malas Herbas, Mulleres en Acción da Barbanza e Mulleres en Loita de Palmeira.